Situación del convenio Ollo cos Ollos en Galicia.

Charla en general, la profesión, clientela, estudios, quejas y lamentos, humor, etc.
Todo sobre óptica.
ander
óptico iniciado
óptico iniciado
Mensajes: 22
Registrado: 02 Oct 2008, 10:44
Nombre Completo: ander porti o por mi

Situación del convenio Ollo cos Ollos en Galicia.

Mensaje por ander » 03 Nov 2021, 10:38

Adjunto copia mail enviado a todos los colegiados

Bos días compañeir@s,

Como ben sabedes, o pasado 21 de Setembro todos os colexiados recibimos, por parte do Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, a iniciativa presentada polo Partido Socialista no Parlamento de Galicia sobre o convenio "Coida os teus Ollos", debatíndose posteriormente o pasado 21 de Outubro na comisión parlamentaria de Sanidade que pensamos que vale a pena a escoitar (Enlace: https://drive.google.com/file/d/1XAWLxvCQ4IfnuDTtbZYwDocqRni-qzYR/view?usp=sharing ).

Moitos de vós tamén nos comentábades que non sabíades como explicar, dunha maneira sinxela cara o paciente, a nosa situación actual e o porqué da NON adhesión ao convenio, así que esperamos que co comunicado adxunto para pacientes consigamos solucionar as vosas dúbidas. É unha idea para aqueles compañeiros que o demandábades pero no que cada un pode realizar os cambios que considere oportunos.

Con respecto ao comunicado para os médicos de familia/pediatras, o que se busca é informar aos compañeiros sanitarios da situación actual do convenio para que, no momento en que precisemos derivar a un paciente noso ao especialista, éste non se vexa na obriga de ter que repetir o seu exame optométrico nun dos centros adheridos, se lles informa da nosa situación para que teñan en conta os nosos informes privados como se teñen en conta outro tipo de probas médicas procedentes de clínicas privadas, posto que a información que reciben do Sergas é bastante sesgada. Neste punto, estamos traballando para chegar a todos os médicos de Galicia pero vos recomendamos que cada un, no seu concello, intente informar en cadanseu centro de saúde, principalmente se vedes que os vosos pacientes son derivados a outros establecementos.

Para rematar, os enviamos unha imaxe gráfica de como estaba a situación fai aproximadamente 15 días e facemos de novo un chamamento a aqueles compañeiros adheridos, as cousas estanse movendo, podemos conseguir mellorar a nosa situación e facer valer a figura do óptico-optometrista como se merece. É o momento de paralo e de poder negociar unha mellora de condicións co Sergas. A situación segue estando favorable para nós e hai moitos concellos onde só hai un centro adherido. O sector está máis unido que nunca. Temos que seguir loitando.


Plataforma Optometría en Atención Primaria XA



Responder
  • Temas similares
    Respuestas
    Vistas
    Último mensaje